Instalando o rego e reciclando

A primeiros de febreiro, un forte temporal tirou varias árbores nos montes dos arredores, e tamén nos tocou a nós, un enorme piñeiro dun monte colindante caeu pola forza do vento sobre a nosa finca, tirando unha das froiteiras recén plantadas.













Sen problema, a froiteira non rompeu e despois de limpar a zona, volvémola a plantar.

Xusto nese mesmo mes, o propietario do monte colindante do cal caeu o piñeiro, aproveitou e talou todos os eucaliptos e piñeiros que nos asombraban a finca, facéndonos un bó favor.




















 Empezamos a instalar o rego por pingueo para as froiteiras.

O rego, conectóuse a un bidón de 1000 litros, reciclado de outros usos, e metéuselle un pequeno embudo feito cun capazo para captar auga de choiva.

Reciclando uns palets dos que andan tirados polas rúas, fixemos esta estupenda compostadora, para que os restos de alimentos, poda e herbas non anden ciscados pola finca.


E neste mes continuamos reciclando, xa que con este bidón de aceite que nos proporcionou un amigo, fixemos un queimador de restrollos, e así evitamos que salten  charamuscas.





Comentarios

Publicacións populares