Empezando prantacións de horta

Unha vez preparado un pouco o terreo, o mes de marzo era ideal para empezar cas plantacións de horta.


Certo é que ainda non está suficientemente aboado pero non podemos deixar pasar esta oportunidade. Iremos aportando abono pouco a pouco ó longo do ano.

As maceiras plantadas fai uns meses xa empezan a florecer.

Precisamos unha caseta para gardar os apeiros e facémonos con este contenedor, tamén reciclado.


Empezamos a traballar os bancais. Facemos bancais a nivel e tamén elevados.

Menos mal que contamos con axudantes ben dispostas.

Para protexer os cultivos das xiadas, e non gastar moitos cartos de momento, construímos estes microtúneles con tubos de PVC, que resultaron ser moi funcionais.


Comentarios

Publicacións populares