Primeiras colleitas

As plantacións van indo bastante ben.

As patacas empezaron a sair e están fermosas.


Algunhas maceiras xa están dando froitos.

Pero tamén empezan os primeiros problemas, non todo vai a ser marabilloso.

Por unha banda, a pulguilla das crucíferas empeza a atacar. Intentamos loitar contra ela con distintos tratamentos, para evaluar cal deles se mostra máis eficaz.

Por suposto só usamos remedios orgánicos. Probamos co purín de ortiga por unha banda e ca infusión de loureiro por outra.

Para contrarrestar o mildio dos tomates utilizamos infusión de cola de cabalo.

Para evitar que os paxaros ataquen ás prantacións puxemos un espantallo e varias botellas espantapáxaros.

Parece que van facendo efecto, pero o peor ainda estaba por chegar.

A mediados de maio unha forte xeada colléunos desprevidos e arrasou ca maior parte das plantacións que ainda non estaban a cuberto.

Queimou tomateiras, cabaciñas, pepinos, pementos, patacas, etc... Fixo moito dano. Arrasou ata cos fieitos e os castiñeiros. Houbo moitos danos e toda Galiza.

Volvemos a replantar varias cousas.

Tamén, menos mal, empezaron as primeiras colleitas de leitugas.

Comentarios

Publicacións populares