Explosión de cores
Verdadeiramente o mes de xuño é espectacular na horta.
O millo botado tarde, da finais de abril e primeiros de maio xa ten un bo aspecto, a pesares da falta de choivas.
As patacas tamén van moi fermosas, nas dúas parcelas nas que as botamos.
Tan fermosas están que xa chaman a atención de outros pobladores, o escarabello. Para combatir a este energúmeno damos un repaso a diario pola plantación retirándoos manualmente de cada planta. Un pouco traballoso pero de momento ímolo contendo.
As fresas e as leitugas teñen unha pinta fabulosa. O sabor das fresas é espectacular, nada que ver cas mercadas habitualmente nos supermercados.
Os tomates, que foron replantados despóis da xiada que queimara todos en maio, xa empezan a medrar.
Para protexelos dos fungos probamos a sulfatalos con leite, que nos dixeron que era un bo funxicida.
O brecol, a coliflor o repolo e a lombarda tamén loitan por facerse grandes.
A horta está tan bonita que atrae a moitos indivíduos. Caemos na conta que ós paxaros lles gustan as mazás da variedade José Antonio, das primeiras que saíron.
Os corvos e pegas, deron boa conta dalgunhas zonas nas que botamos millo, xusto cando empezaba a brotar, iban levantando gran a gran. Cando fai vento escapan polos espantallos porque se moven, pero se está calma chicha, aproveitan para darse o banquete.
Non todo van ser inimigos, e preparando o terreo atopámonos con algunha píntega, sapos, e lagartos, que apartamos con coidado para non lastimalos. A biodiversidade é moi importante no agro. Eles encárganse de dar conta de algunhas plagas de insectos.
Tamén botamos fabas pintas, ainda que non tiñamos o terreo moi preparado. A ver se polo menos collemos un par de kilos para consumo propio.

Comentarios
Publicar un comentario