Axudando ós veciños
Hai un refrán que dí:
"É de ben nacido,
ser agradecido".
Dende que chegamos a Leiro, todos os veciños nos acolleron con cariño, sempre ofrecéndonos consellos, prestándonos axuda, visitándonos, etc...
E nós tamén intentamos correspondelos cándo podemos e cómo podemos.
Unha mañán a mediados de agosto, cando chegábamos á finca, estaban apañando patacas nunha leira, ou cómo dín por esta zona "cacheando patacas", así que, aparcamos o coche, calzamos as botas e alá nos fomos a botarlles unha man. Foi un día de calor, suor, risas e aprendizaxe, porque dos maiores sempre se aprende, e eles están gustosos de ensinar.
E neste mesmo mes tamén "cacheamos" as nosas patacas. Patacas que só recibiron esterco como abono, e nas que non usamos ningún producto químico para loitar contra as pragas.
A colleita foi pequena, pero de calidade.
A horta xa empeza a dar pouco a pouco os seus froitos.
As berenxenas teñen un aspecto fabuloso.
As cabazas medran día a día.
Tamén hai xornadas máis relaxadas, nas que temos visitas moi especiais que nos botan unha man prantando, e ben que o fan!!!!

Comentarios
Publicar un comentario