Plantando froiteiras
E xa estamos en decembro. Aproveitamos estes meses de menos colleitas para ir traballando na infraestructura da finca, e en seguir aumentando as liñas de plantación de froiteiras.
Nas primeiras semáns trasplantamos varios castiñeiros que tiñamos desperdigados pola finca adiante e puxémolos nunha mesma liña lindando cun monte de piñeiros que temos ó noso carón.
Desta maneira, creamos unha barreira natural contra o lume e os ventos.
Tamén nos deron tres pequenas ameixeiras, ás que lle fixemos un sitio nunha das últimas liñas.
Na parte da horta, a verdura, nesta época é o que impera.
Este mes xa sufrimos varios temporais, que nos levantou nunha ocasión o plástico do viveiro e varios microtuneis.
Reforzamos o invernadoiro cunhas cordas e de momento aguantou o paso de Ana, a cicloxénese deste mes.
As xeadas continúan castigándonos todas as semáns.

Comentarios
Publicar un comentario