Seguimos con plantacións
Neste mes incrementamos a plantación de verduras, sobre todo leituga, escarola, coliflor, brócoli e espinacas, estudiando a ver como se desenrolan as diferentes variedades.
Tamén, xa por segundo ano, seguimos confiando en Viveiros O Pumariño para traer 10 novas maceiras de cinco variedades autóctonas distintas de cara a obter sidra no seu momento. Pero para iso ainda faltan uns aniños.
E para manter contentos e abrigadiños ós nosos compañeiros, fixemos estas fermosas casetas, aisladas do chan para que non pasen frio. Desta tivemos que mercar casi toda a madeira pois non tíñamos máis da reciclada.
Tamén, xa por segundo ano, seguimos confiando en Viveiros O Pumariño para traer 10 novas maceiras de cinco variedades autóctonas distintas de cara a obter sidra no seu momento. Pero para iso ainda faltan uns aniños.
Comentarios
Publicar un comentario