Preparativos para a sementeira da primavera

Estamos empezando a traballar a terra de cara ás plantacións desta primavera.

Un bó aporte de materia orgánica vaille a vir moi bén á terra. Veciños estupendos que nos ceden un par de tractores de esterco. Así da gusto!!!!

Preparamos un cachiño, e aproveitando a lúa (ás veces facémoslle caso, ainda que os enxeñeiros agrónomos digan o contrario), botamos unhas poucas patacas de cedo.

Neste mes de febreiro viñeiron moitos días de frio. O termómetro do viveiro chegou a rexistrar temperaturas de -3º C.

Aquí estamos preparando un bancal para as cabaciñas que tan ben se deron o ano pasado.

E aproveitando que nos deron unhas plantas de kiwi, preparamos unha pequena parceliña para plantalos. A ver qué tal se nos dan aquí.


Comentarios

Publicacións populares