Preparando outro galiñeiro
Unha das ideas cando empezamos o proxecto de Finca O Castelo era a de crear un círculo pechado de autoabastecemento.
Para aumentar o aporte de materia orgánica ó solo e ó mesmo tempo controlar as herbas, estamos construindo un galiñeiro móbil, para que as galiñas campen libremente pola finca e as podamos ir movendo dun lado a outro e así van a ir limpando distintas parcelas ó mesmo tempo que nos darán uns ovos ricos ricos.
E como as nosas galiñas sonche moi avanzadas, imos a aplicar a domótica no galiñeiro. Un bo amigo xa se encargou do deseño dun mecanismo de apertura e peche automático da porta do galiñeiro con sensor crepuscular.
A ver se funciona ben e o raposo non se pega un festín.

Comentarios
Publicar un comentario