Ampliación do parque das galiñas

Esta semán estamos facendo a ampliación do parque das nosas galiñas, para que vivan ainda máis felices, e nos agasallen cuns ovos de calidade.


De momento, mentras non acabamos o novo parque, están confinadas nun espazo reducido duns 7 m2, pero polo menos teñen a posibilidade de saír ó exterior.


En canto rematemos o novo parque, disfrutarán dun espazo duns 80 m2 onde poderán correr, brincar, tomar o sol e escarbar buscando miñocas, que é o que máis lles gusta.


Ademáis terán a posibilidade de sair afora dese parque cando non teñamos plantado nada nas parcelas lindantes co seu recinto, axudando así a estercar as parcelas.


Dentro deste parque terán á súa disposición, varios comedeiros e bebedeiros, poleiros para que descansen, xa que prefiren estar no alto, e piscinas de area e cinza nas que toman os seus baños.


Despóis desta forte inversión que estamos facendo, esperemos que nos proporcionen moitos oviños.

Comentarios

Publicacións populares