Seguimos formándonos: Curso de técnicas básicas de tala e manexo de motoserra

 

Pois como sempre vos decimos, nunca se para de aprender. 


Estamos nunha formación contínua. Cando o traballo nos deixa e aparece algún curso ou xornada formativa, alá imos.


 Neste ocasión, estivemos 4 días, ó longo de dúas fins de semán, nun estupendo curso de Técnicas básicas de tala, tronzado e despolado de árbores, e mantemento da motoserra , organizado no CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal) de Guísamo.

Na primeira xornada aprendemos nocións sobre seguridade no traballo cando se usa a motoserra, utilización dos EPI´s, etc. Un mini curso de prevención de riscos laborais no monte.

Durante a segunda xornada, xa empezamos a familiarizarnos ca motoserra: forma óptima de arrancala, cómo levala no monte durante o traballo, vicios a evitar (que poden provocar accidentes). Enfundámonos nos pantalóns, botas e guantes anticorte e empezamos por talar un piñeiro nos terreos do CFEA, a despolalo, e a facer toradas de práctica.

 

Na terceira xornada, asistimos a unha demostración da eficiencia dos pantalóns anticorte, e proseguimos cunhas nocións de mantemento básico da motoserra, afiado de cadeas, etc...

A cuarta xornada foi toda no monte. Alí fixemos as prácticas e tod@s talamos polo menos un eucalipto, o despolamos, toramos e apilamos a madeira e as polas de maneira que quedase accesible ó cargador. Talamos árbores ca súa caída natural, contra a súa caída natural, uso do tráctel, árbores apoiados, etc...


Un curso moi interesante, cunha gran asistencia e moito interese por parte dos alumnos. O mestre, un fenómeno, sempre encima de nós correxíndonos os fallos e mostrándonos distintas situacións que nos podemos atopar facendo unha tala no monte


Comentarios

Publicacións populares