Dias de moito frío en Leiro

 Estar no interior, e ademáis nun val e preto dun río ten estas cousas. Chegar pola mañán e atoparte con esta estampa.

Xiada que cubre toda a finca. 

Hai plantacións ás que non lles vai mal o frío, coma as nabizas, ou que o soportan bastante ben coma os repolos.

Pero a outras, que estaban producindo moito, coma estes physalis ou uchuvas, acaba con elas totalmente.


 

A agricultura ten estas cousas, ademáis de plagas, secas, xabaríns, corvos, escarabellos, pulgóns, etc...

  A auga retida nos capazos, formou placas de xeo de 1,4 cms.


 
As pobres galiñas que agora lles dou por durmir á intemperie, non sei se é que algunha máis vella as bota fora do galiñeiro, ou se é que lles gusta durmír ó raso, apareceron cas plumas cubertas de xiada.
 
 
 

Comentarios

Publicacións populares