Trasladando un dos galiñeiros
Co desexo de mellorar a posición dun dos galiñeiros para que lle dé máis horas de sol, e ademáis deixar sitio para montar un algo máis grande, estes días de primeiros de ano procedemos a movelo.
As galiñas, tan curiosas coma sempre, xa saben que cando se colle o sacho ou a lagoña sempre cae algunha miñoca, así que é difícil que me saian do meu lado.
Montamos unha base de bloques para aillalo do frío da terra e desplazámolo pouco a pouco, tendo en conta que debe pesar uns 150 Kgs.
Comentarios
Publicar un comentario